Sunday 19 de May de 2024

O alumnado da escola de música Magariños ofrece mañá mércores o seu V Concerto de Nadal no centro social polivalente de Brión


O centro social polivalente de Brión acollerá mañá mércores 21 de decembro, ás 18:30 horas, o quinto Concerto de Nadal da Escola Municipal de Música Magariños. Un recital que correrá a cargo dos alumnos e alumnas da escola de música, dende os tres anos ata os maiores, que amosarán as súas habilidades nas distintas especialidades que se imparten no centro e cun repertorio típico destas datas, con moitas panxoliñas e música clásica da man de solistas, dúos e formacións corais e instrumentais. A entrada é libre e de balde ata completar aforo.

Este V Concerto de Nadal está organizado pola ESMU Magariños e o Concello de Brión, en colaboración coa Deputación da Coruña e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.